981557747 delegado@aesga.org

Estatutos

 

TITULO 1

CAPÍTULO 1. DISPOSICIÓNS XERAIS
Art. 1. CONSTITUCIÓN
A Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia (AESGA) constitúese sen ánimo de lucro, ao abeiro da Lei 19/77, do 1 de Abril, do Decreto 873/77, do 22 do mesmo mes e de cantas disposicións sexan concordantes con estas, para aquelas empresas e empresarios que desenrolen a actividade da seguridade privada e actividades afíns e derivadas de ésta.

Art. 2. ÁMBITO TERRITORIAL E PROFESIONAL.Esta Asociación terá un ámbito de actuación territorial e profesional rexional, determinado pol s propios límites administrativos da Comunidade Autonoma de Galicia, e abarcará a acti idades empresariais da seguridade privada e actividades afíns de ésta e necesarias para o seu desenrolo.

Art. 3. DURACIÓN AESGA créase por tempo indefinido e existirá mentres non acorde a súa disolución a Asamblea Xeral, nos termos previstos nestes Estatutos, gozando de personalidade xurídica e total autonomía para o cumplimento dos seus fins.

Art. 4. DOMICILIOA Asociación fixa o seu domicilio en Santiago de Compostela, Cidade do Transporte, Bloque l, Segunda Planta, Local 3, Polígono Industrial do Tambre, sen prexuízo de que a Xunta Directiva poida proceder ao cambio deste sen que isto signifique unha modificación dos presentes Estatutos, debendo comunicalo previamente aos asociados e ás autoridades que correspondan se fose necesario, podendo establecer as delegacións e representacións que se consideren máis convenientes.

Art. 5. FINS  Constitúen os fins da Asociación os seguintes:1. A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais das súas empresas asociadas, conforme ao disposto nos artigos 7, 37 e outros de aplicación da Constitución Española, e en xeral, os mesmos fins respecto dos profesionais da Seguridade Privada.2. A agrupación do maior nivel posible de empresas de seguridade en todas as súas vertentes e as de instalacións e mantemento de instalcións contraincendios, así como de profesionais debidamente capacitados e cualificados nestas materias.3. O fomento do correcto ejercicio da actividade de seguridade, conforme á legislación vixente, aos criterios da ética e calidade que se establezan, podendo cegar aos acordos internos oportunos para os seus membros, e respecto aos non membros exercer as accións legais oportunas ante as autoridades competentes cando proceda.4. A promoción e o fomento da formación xeral e especializada do persoal de seguridade e de protección contraincendios en todas as súas competencias, atribucións e técnicas da actividade, podendo solicitar a colaboración prevista dos seus asociados e, incluso, promover programas de formación, de acordo coa lexilación vixente, colaborando, se procede, con outros Centros e Organismos públicos e privados relacionados coa actividade formativa e de promoción da seguridade privada e de instalacións contraincendios.5. Fomentar, promover, axudar e efectuar entre os seus membros o intercambio voluntario de experiencias, informacións, estudos, datos, ideas e coñecementos sobre os métodos, procedementos e técnicas relacionadas coa seguridade privada en contraincendios.6. O exercicio de cantas accións sexan precisas ante calquera órgano ou jurisdicción admnistrativa ou judicial, para a defensa da imaxe e intereses dos seus afiliados e da propia Asociación, así como a persecución e denuncia do intrusismo e a competencia desleal e ilícita no desnvolvemento das actividade da seguridade privada e contraincencios.7. A actuación cerca das distintas Administracións Públicas e dos Estamentos Políticos sobre a lexislación ou regulamentación xeral do sector que afecte ou poida afectar os intereses deste.8. Manter a relación e colaboración coas demais organizacións empresariais afins e Cámaras Oficiais de Comercio e Insdustria, sempre en defensa dos intereses da libre empresa en xeral, podendo formar parte, se é o caso, dos seus órganos representativos.9. A redacción e difusión, cando se considere oportuno, de publicacións, estudos, informes e programas técnicos referentes a temas de seguridade.10. Negociar, dentro da súa capacidade legal e representativa, convenios colectivos de traballo dentro do seu ámbito de actuación, asesorando nesta actividade as delegacións e representacións propias e formular, nos termos legalmente procedentes, as situacións de conflito laboral que pudieran darse no seu ámbito territorial de actuación, intervindo na resolución da conflitividade no ámbito das empresas asociadas.11. Arbitrar fórmulas para dirimir diferenzas que poidan producirse entre os seus asociados cando estes, de mutuo acordo, así o soliciten.12. Todos aqueles servizos ou funcións relacionadas coas anteriores, que se atribúan por disposicións legais ou por acordo dos órganos competentes da Asociación.

CAPÍTULO II. DOS MEMBROS DA ASOCIACIÓN

Art. 6. Poderán ser membros da Asociación as empresas, entendidas coma empregadoras, de seguridade inscritas no Rexistro de Empresas de o Estado, das de instalación e matemento de instalacións de protección contraincendios que cumpran os requisitos esixidos no Real Decreto 1942/1993, do 5 de Novembro, así como os empresarios debidamente cualificados nesta materia que desexen pertencer a esta e que teñan ou desenvolvan a súa activiade na Comunidade Autónoma de Galicia, coa condición de observar os presentes Estatutos.A admisión acordarase pola Xunta Directiva e por maioría dos 2/3 dos seus membros, á vista dun expedente realizado polo Secretario sobre a empresa solicitante, consistente na reunión daqueles documentos que acrediten a inscrición da empresa no Rexistro de Empresas de Seguridade ou no de instaladores ou mantedores de instalacións de protección contraincencios e que acrediten tamén a súa representación, no caso de que se trate dunha persoa xurídica, bastando unha certificación desta apoderando a persoa que a represente, debidamente identificada.Así mesmo, poderán afiliarse empresarios físicos, entendidos coma empregadores, cualificados no sector da Seguridade Privada que reúnan os seguintes requisitos: Empresarios que demostren de forma fidedigna unha experiencia profesional e no sector e actividades da seguridade privada de, polo menos, dez anos ou cinco, sempre que conten no seu currículo profesional con titulación especial e específica en seguridade privada.e Atoparse avalados para a solicitude de ingreso nesta Asociación por unha empresa asociada, un empresario profesional tamén asociado e un membro da Xunta Directiva, excepto os seis primeiros empresarios profesionais asociados , que só necesitarán estar avalados por un membro da Xunta Directiva, os cales terán a consideración de socios fundadores desta rama profesional asociativa.A meros efectos enunciativos que non limitativos, poderán afiliarse, conforme ao disposto stes Estatutos, os seguintes empresários profesionais, entendidos tamén coma empregadores:Directores de Seguridade.Gardas Particulares de Campo, sen estar integrados en Empresas de Seguridade.Centros de Formación destinados a impartir ensinanzas de formación e actualización do persoal de seguridade privada, debidamente autorizados polo Ministerio do Interior ou polo organismo competente en cada momento.Profesorado dos referidos centros, sen estar integrados nestes, debidamente acreditados e conforme á Lei de Seguridade Privada e demais normas de desemvolvemento.Calquera membro da Asociación pode impugnar ante a Asamblea Xeral a admisión dun novo socio, presentando ante esta os justificantes que avalen a impugnación.Ademais poderán ser socios colaboradores calquera entidade pública ou privada nas condicións que en cada caso fixe a Xutna Directiva, dándo conta para a súa ratificación á primeira Asamblea Xeral que se celebre.Se a decisión da Asamblea Xeral fose a de non admisión do novo socio, este poderá recorrer ante a mesma Asamblea Xeral na próxima xuntanza que celebre e, neste caso, será definitiva a decisión que aquela adopte.

Art. 7. O ingreso na Asociación será voluntario e, en calquera momento, os membros poderán deixar de pertencer a esta, notificándollo por escrito a Xunta Directiva, cunha antelación de dez días hábiles á data da baixa efectiva.Das altas e baixas, o secretario levará un libro rexistro para o efecto.Art. 8. Cada empresa ou grupo de empresários profesionais membros da Asociación designarán unha persoa física para que as represente nesta.Este representante será membro da Asamblea Xeral da Asociación.Se a empresa ou grupo de empresários profesionais removese do seu cargo o representante ante a Asociación, este abandonará o cargo que tivese nesta.Os representantes dos empresários profesionais polos seus grupos de representación serán elixidos por estes de entro os candidatos saídos dos seus respectivos grupos, de conformidade co artigo 18 destes Estatutos.Os empresarios profesionais incorporados como asociados terán como representación na Xunta Directiva un vocal membro desta a partir da existencia de dez profesionais asociados.Art. 9.a. Son dereitos dos membros da asociación:1. Elixir e ser elixidos para postos de representación e ocupar cargos directivos.2. Exercer a representación que en cada caso se Iles confia.3. Informar e ser informados das actuacións e vida da Asociación e das cuestións que Iles afecten.4. Expresar libremente, por escrito ou de palabra, calquera opinión ou punto de vista relacionado cós asuntos profesionais que directamente Ile afecten ou se discutan na orde do día das reunións e formular propostas e peticións, de acordo cós princípios establecidos nestes Estatutos e nas normas xurídicas de xeral observância.5. Utilizar os servlcios técnicos de defensa e asesoramento de carácter porfesional, económico e social dos que dispoña a Asociación e que Ile sexan de aplicación segundo a súa çondición.6. Censurar, mediante a oportuna moción presentada á Asamblea Xeral, o labor da Xunta Directiva e dos membros que actúen en nome da Asociación. 7. Formar parte das representacións orgânicas designadas para estudos, xestións e defensa dos intereses dos afiliados á Asociaciación, sempre que a designación sexa expresamente feita póla Asamblea Xeral ou póla Xunta Directiva.  8. Ter acceso, en calquera momento, aos ficheiros ou a calquera outro sistema que se apopte no futuro, para poder constatar a súa condición de asociado.b, Son deberes dos membros da Asociación os seguintes: l . Participar na elección dos seus representantes e dirixentes.  2. Cumprir os acordos válidos adoptados pólos órganos de goberno da Asociación, dentro das súas respectivas competências.   De3. Respectar a libre manifestación de pareceres e non entorpecer directa ou indirectamente as actividades da Asociación.4. Aboar as cotas específicas e as especiais establecidas ou que se establezan para fins de carácter social, de conformidade coas normas vixentes para cada caso.5. Manter a disciplina e as coloaboracións necesarias, en interese do bo funcionamento da Asociación.6. Desempenar fielmente os cargos para os que fosen elixidos ou designados.7. Axustar as súas actuacións ás leis vixentes en cada momento, así como ás normas estatutárias.8. Facilitar información solvente e responsable sobre as cuestións que non teñan natureza reservada, cando Iles sexa requirido pólos órganos de goberno da Asociación.

Art. 10. A afiliación á Asociación leva inherente o pagamento da cota que fixe a Asamblea Xeral, por proposta da Xunta Directiva, de conformidade cós presentes Estatutos.

Artígo 11 0 .- A Xunta Directiva da Asociación poderá acordar a expulsión dalgún dos seus membros por incorrer en calquera das seguintes causas:a) Incumprimento das obrigacións establecidas nos Estatutos.b) Incumprimento dos acordos establecidos pola Asamblea Xeral ou pola Xunta Directiva, na esfera das súas respectivas competencias.c) Incumprimento das obrigas económicas que para o sostemento da Asociación, se establecesen estatutariamente.d) A realización de actos ou prácticas que supoñan menoscabo ou deshonra para esta actividade empresarial ou competencia ilícita ou desleal, así como actos ou prácticas que supoñan menoscabo ou deshonra para aos membros da Asociación.e) A acumulación de sancións administrativas ou xudiciais por práctica incorrecta na actividade de seguridade ou contra incendios.Establécese un procedemento específico o respecto:1.- Incoarase por escrito o expediente de expulsión pola Xunta Directiva, notificando os feitos e os motivos da expulsión, dándolle audiencia o interesado e outorgándolle un prazo de 3 días  para alegacións.2.- A Xunta Directiva decidirá nun prazo de 10 días sobor as alegacións, notificando porX escrito o interesado o seu resultado3.- Contra o acordo de expulsión, o asociado poderá recorrer ante a Asamblea Xeral, na próxima reunión seguinte que esta celebre, debendo figurar o recurso no orde do día.4.- O acordo da Asamblea Xeral será definitivo e executivo a tódolos efectos.  TITUL011ÓRGANOS DE GOBERNO E ADMINISTRACIÓNArt, 12,1. O Goberno de AESGA estará a cargo da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva.2. A Asociación poderá constituir comisión de natureza especializada, con carácter temporal ou permanente. O acordo de constituir comisións de carácter permanente deberá ser adoptado póla Xunta Directiva, côa ratificación da Asamblea Xeral. As de carácter temporal  poderán ser constituídas póla Xunta Directiva coa duración que se sinale para cada caso. As comisións especializadas compoñeranse dos vogais que se determinen, á vista das paticións formuladas pólos membros da Asociación.Os seus presidentes serán designados póla Xunta Directiva e daráselle conta dos ditos nomeamentos á Asamblea Xeral.

CAPÍTULO 1. A ASAMBLEA XERAL

Art. 13, A Asamblea Xeral está constituída por todos os afiliados que teñan satisfeitas as cotas establecidas regulamentariamente.

Art. 14. A Asamblea Xeral é o órgano soberano da Asociación. Os seus acordos, adoptados d acordo con estes Estatutos, son obrigatórios para todos os afiliados

Art, 15, A Asamblea Xeral pode ser ordinária ou extraordinária.Asamblea Xeral ordinária celebrarase unha vez o ano.Asamblea Xeral estraordinaria, cando o soliciten 0 25% dos afiliados, ou cando a convoque a Xunta Directiva.

Art. 16. As Asambleas Xerais ordinárias e extraordinárias convocaranse por citación do secretario, mediante notificación persoal e escrita a todos os afiliados, con 15 días naturais de antelación á data sinalada para a reunión, expresándose o lugar, a data e a hora da primeira e segunda convocatória e orde do dia.

Art. 17. A Asamblea Xeral quedará validamente constituída em primeira convocatória   cando se encontre presente ou debidamente representada a metade mais um dos afiliados, e en segunda e última convocatória, calquera que sexa o número dos concorrentes.

Art. 18 A presidência de todas as Asambleas Xerais correspóndelle ao presidente da Asociación, e en ausência deste, ao vicepresidente.Os acordos que adopte a Asamblea Xeral serano por votación da maioría simple, salvo naqules casos en que os Estatutos eslxan expresamente unaha maloría cualificada.  Folia.// gDe  Cada afiliado de empresas de segurl de instalación e mantemento de instalacións de protección contra incêndios, nos termos descritos no artigo 6 destes Estatutos, terá en calquera tipo de asamblea, un só voto.Os profesionais unipersoais incorporados á Asociación como sócios terán en calquera tipo de asamblea os seguintes votos:  Dun a cinco porfesioanis incorporados, un representante con voz pero sen voto.  De seis a quince profesionais incorporados, un representante con voz e voto.  De dezaseis a vinte e cinco profesionais incorporados, dos representantes con voz e voto.   De vinte e seis en adiante, un representante máis con voz e voto por cada dez profesionais incorporados, en exceso de vinte e cinco.

Art. 19. Son funcións e competencias da Asamblea Xeral as seguintes:  Adoptar acordos relativos á representación, xestión e defensa dos intereses da Asociación e dos seus afiliados.  Aprobar os programas e plans de actuación.  Elixir, de entre as persoas físicas representantes das empresas asociadas, o presidente da Asociación.  En caso de non resultar elixido o novo presidente, proporá que a Xunta Directiva saínte se constitúa en Xunta Xestora, ata a celebración dunha nova Asamblea Xeral extraordinária para a elección do presidente. De non resultar elixido este, a Asamblea poderá acordar a cotinuidade da Xunta Xestora ou a disolución da Asociación.  Coñocer a xestión da Xunta directiva.  Fixar as cotas que teñan que satisfacer os afiliados, de conformidade cós presupostos que elabore a Xunta Directiva.  Aprobar os presupostos e liquidacións de contas.  Aprobar ou reformar os Estatutos.  Coñocer e resolver as reclamacións e recursos formulados pólos asociados.  Acordar a Disolución da AsociaciónCalquera outra cuestión que forme parte da relación da orde do dia.

Art. 20. Das reunións da Asamblea Xeral levantarase acta, que se estenderá nun libro existente para o efecto, asinada pólo presidente e pólo secretario.

CAPÍTULO II. A XUNTA DIRECTIVAArt. 21. A Xunta Directiva é o órgano encargado da dirección, goberno e administración da Asociación. Estará integrada pólo presidente, o vicepresidente, o secretario xeral e os vogais provinciais.Entre os catro vogais provinciais han de estar rerpresentadas, como mínimo, as actividades de vixilancia, instalación e mantemento de instalacións de protección contra incêndios.A Xunta Directiva poderá nomear para esta un delegado ou xerente competente para esta materia e, neste caso, será membro nato de todos os órganos da Asociación, com voz pero sen voto.  Folio.
A Xunta Directiva poderá nomear par egado ou xerente competente para esta materi e, neste caso, será membro nato de todos os organos da Asociación, com voz pero sen voto.

Art. 22. A Xunta Directiva reunirase en sesións ordinárias e extraordinárias.En sesión ordinaria farase unha vez ao mes, como mínimo, e os tres meses, como máximo.En sesión extraordinaria, cando o solicita un terzo dos membros da Xunta, ou cando o acorde o presidente.

Art. 23. A convocatoria farase por célula individual e domicilaria, na que constarán a data, a hora, o lugar e a orde do día, asinada polo secretario e recibida cunha antelación de, polo menos, 48 horas antas da prevista para a súa celbración en primeira convocatoria.Non obstante, por razóns de urgencia ou necesitadade poderá celebrarse validamente a Xunna cando estean presentes todos os seus membros ou conste a vontade expresa dos ausentes, e así o acorden libremente, facendo constar estas circunstacias ao inicio da sesión, o que se reflectirá na acta.

Art. 24, A Xunta Directiva considerase validamente constituída cando concorran á reunión a metade mais um dos seus membros e cando estean presentes o presidente e o secretario xeral, salvo o disposto no artigo anterior.Para a adopción de acordos, requerirase o voto favorable da metade mais um dos asistentes á reunión.As discusións e os acordos das sesións, tanto ordinárias como estraordinarias, da Xunta irectiva, reflectiranse em actas que, coa sinatura do presidente e do secretario xeral, se estenderán no libro de actas.

Art. 25. A Xunta Directiva terá as seguintes facultades e funcións:1. Ejecutar e comprir os acordos da Asamblea Xeral.2. Realizar e dirixir as actividades da Asociación, necesarias para o exercicio e o desemvolvemento dos seus fins.3. Propoñerlle á Asamblea Xeral os programas da actuación xeral e específicos e realizar os xa aprobados, dando conta do seu cumprimento á Asamblea Xeral.4. Encomendarlle ao secretario xeral todo tipo de informes, especialmente das persoas físicas ou xurídicas que soliciten o seu ingreso na Asocciación5. Presentarlle a Asamblea Xeral os presupostos, balances, liquidacións de contas e presupostos de cotas para a súa aprobación.6. Elaborar a memória anual de actividades, someténdoa á Asamblea Xeral para a súa aprobación.7. Decidir em materia de cobros, ordenación de pagos e expedición de libramentos.8. Inspeccionar a contabilidade, así como a mecânica de cobros e pagos, sen prexuízo das facultades do secretario xeral.9. Adoptar acordos referentes á contratación de bens e servizos, exercício de acción se outorgamento de poderes. 10. Realizar informes e estudos de interesse para os afiliados.11. En supostos de urxencia e necesidade, adoptar decisións sobre asuntos cuia competência corresponde á Asamblea Xeral, dando conta diso na primeira sesión que esta celebre.12. Admisión, por votación entre todos os seus membros directos, dos novos sócios, dándolle conta á Asamblea Xeral das novas altas e baixas que se orixinen.

CAPÍTULO III. O PRESIDENTE

Art.26.- O Presidente de AESGA será elexido pola Asamblea Xeral, mediante sufraxio libre e secreto. Para ter a consideración de candidato deberá ser presentado, como mínimo polo 10% dos membros da Asamblea, e a sua elección producirase por un sistema de dobre volta, no suposto de que nunha primeira volta ningún candidato alcance a maioría absoluta dos votos emitidos.O seu mandato electoral, que é revocable, terá unha duración de dous anos.O presidente da Asociación serao tamén da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral.En caso de quedar vacante a presidencia, ejercerá as súas funcións o vicepresidente, debendo aquel convocar no prazo de dous meses elección o cargo. Quen resulte elixido serao somente para o período que reste ata a renovación normal.

Art. 27. Son facultades do presidente:  Convocar as sesións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva, presidilas, dirixir os debates e a orde das reunións, así como executar e facer executar os seus acordos.  Representar legalmente a AESGA en xuízo ou fora del, suscribir contratos, outorgar poderes, exercitar accións legais e realizar todo tipo de xestións bancarias, crediticias, e outorgar poderes xudiciais xerais par apreito a avogados e procuradores.  Cumprir e facer cumprir os presentes Estatutos.  Designar o vicepresidente e o secretario, así como designar asesores para que, con voz pero sen voto, participen nas reunións dos órganos colexiados de goberno, cando póla índole das cuestións para tratar o considere conveniente.  Propoñerlles aos representates de cada província os nomes dos vogais provinciais, que han de ser ratificados por aqueles para o seu nomeamento.  En todos os órganos que preside, o seu voto, en caso de empate, é de calidade.  Coordinar as actividades dos distintos órganos de goberno e delegar as súas funcións temporalmente en calquera membro da Xunta Directiva.  Calquera outra que lle fose atribuída especificamente póla Asamblea Xeral ou póla Xunta Directiva.

Art. 28. O secretario da Asociación será elixido e removido no seu mandato pólo presidente. O secretario serao tamén da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva.

Art. 29. As funcións do secretario serán:  Conxuntamente co presidente, ordenará gastos e autorizará pagos, recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará comprimento das ordes de pagamento que expida o presiente. Así mesmo, formalizará o presuposto anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, que deben ser presentados á Xunta Directiva, para que esta, póla súa vez, os someta á aprobación da Asamblea Xeral.  Coidará da conservación dos fondos e supervisará a contabilidade.  Advertir de posibles casos de ilegalidade estatutaria nos acordos que se poidan adoptar.   Será o representante ordinário ante as organizacións das que a Asociación forme parte, salvo a asistencia do presidente.  Ter ao seu cargo a coordinación das actividades da Asociación, baixo a supervisión da Xunta Directiva.

CAPÍTULO V. O VICEPRESIDENTE

Art. 30. O vicepresidente será elixido pólo presidente e auxiliará e substituirá, se é o caso, o presidente en casos de ausência ou enfermidade coas mesmas facultades ca este.

CAPÍTULO VI. O DELEGADO OU XERENTE

Art. 32. O seu nomeamento e renovación correspóndelle á Xunta Directiva a proposta do presidente.As súas funcións son:  Levantar acta das reunións da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral, co visto e prace do presidente e do secretario xeral.  Colaborar directamente co presidente e coa Xunta Directiva e asesorala nos casos nos que fose requirido para iso.  Darlles traslado aos afiliados dos acordos adoptados, cando así proceda.  Expedir copas e certificados, co visto e prace do presidente, en relación coas actas e libros a él confiados.  Representar a Xunta Directiva naquela reunións ou oganismos nos que fose designado pólo presidente.  Calquera outra quelle fose atribuída especialmente póla Xunta Directiva.

CAPÍTULO VII. CESAMENTO DOS CARGOS DIRECTIVOS

Art. 33. Os cargos directivos cesarán:  A petición propia.  Por cesar como representante da organización membro.  Por acordo da Asamblea Xeral, adoptado pólo voto de, pólo menos, dous terzos dos emitidos validamente, que deberá superar em primeira convocatória a metade dos membros da Asamblea.Por remate do seu mandato electoral, que será de dous anos.

TITULO III RÉXIME ECONÓMICO

Art. 34, Os recursos financeiros da Asociación estarán integrados por:As cotas dos membros da Asociación.As doazóns e os regalos a favor de esta.As subvencións que poidan serlle concedidas.As vendas dos seus bens e valores.Os ingresos procedentes da venda de publicacións e de prestación de servizos.As cotas de admisión que aboarán as empresas ao ser dadas de alta na Asociación. Non aboarán estas cotas aquelas empresas que, sem causar baixa na Asociación, cambien de nome comercial ou de número de inscripción no rexistro do Ministério de Interior.  Calquera outros recursos obtidos, de conformidade coas disposicións legis e coas normas destes Estatutos.

Art. 35. Para cada exercício econômico formarase o presuposto ordinário de ingresos e gastos, con suxeición ás normas contidas nos presentes Estatutos.

Art. 36. A Xunta Directiva determinará as normas para a administración e contabilidade e será ordenador de pagos o presidente da Asociación.

Art. 37, AESGA administrará os seus recursos, cumprirá as obrigacións contraídas e levará a súa contabilidade axustada ás normas legais.Os seus exercícios econômicos serán anuais e coincidirán no ano natural. Todos os asociados poderán coñecer en todo momento a situación econômica da Asociación.Art. 38. O balance anual e as contas serán sometidas á Asamblea Xeral. TITULO IVRÉXIME ELECTORALArto, 39. O Presidente da Asociación será elegido pola Asamblea Xeral, previa convocatoria de eleccións.Art. 40. Todos os componentes da Asamblea Xeral poderán presentarse como candidatos a Presidente. Para ter a consideración de candidato deberá ser presentado, como mínimo polo 10% dos membros da Asamblea, e anunciar a súa candidatura 7 días antes da celebración da Asamblea.A elección producirase por un sistema de dobre volta, no suposto de que nunha primeira volta ningún candidato alcance a maioría absoluta dos votos emitidos.En caso de empate, será proclamado o de maior antigüidade.O seu mandato electoral terá unha duración de dous anos e poderá ser reeligido en todas as convocatorias nas que se presente.Art. 41. A Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia disolverase cando o acorde a Asamblea Xeral, convocada para o efecto co voto favorable de dous terzos dos membros.No acordo de disolución establecerase o destino que haxa que dárselles aos bens, dereitos, instalcións e servizos da Asociación que puideran quedar despois de seren atendidas as obrigacións pendentes, Den no acordadrse outra cousa póla Asamblea Xeral, actuarán de liquidadores os membros da Xunta Directiva.e todas as obrigacións pendentes responderá exclusivamente AESGA, nunca os seus asociados como persoas físicas. En caso de quedar un remanente despois de cumpridas as obrigas pendentes, a Asamblea Xeral disporá a forma de distribución deste entre os asociados.ÂTULO VIMODIFICACIÓN DOS ESTATUTOSArt. 42. Os presentes Estatutos poderán ser modificados en virtude do acordo da Asamblea Xeral, co voto favorable dos dous terzos dods afiliados. O prececto de modificación deberá ser proposto, pólo menos, por unha terceira parate dos membros ou pla Xunta Directiva e será remitido a todos sos membros da Asociación, cunha antelación mínima de vinte dias.DISPOSICIÓN DERRADEIRA  Artigo 43.- No caso de disolución, previo acordo adoptado co voto favorable dos dous terzos dos afiliados, a Asamblea Xeral deliberará e resolverá sobor a forma na que se procederá a liquidación do fondo colectivo. Así como o destino do mesmo, como tambén do persoal afecto a Asociación.DISPOSICIÓN DERRADEIRAOs presentes Estatutos poderán desenvolverse por médio de regulamentos que elaborará a Xunta Directiva e serán aprobados em Asamblea Xeral.